Presentación

"Valga este blog para arrancar cincuenta minutos al día para mí. A solas, con mis pensamientos, mientras camino del portal de casa al final del pueblo, y del final del pueblo al portal de casa. Cincuenta minutos exactos, sino me encuentro a alguien conocido y paro para una parrafada.

Siempre me ha gustado caminar, diariamente, pero los derroteros vitales me han empujado a una larga temporada de vehículos a motor. Pero ahora el cuerpo me pide piernas, movimiento, y aire fresco."

lunes, 4 de agosto de 2014

Al hilo del hilo.

Me quedaron colgando de ayer algunos hilos sobre la Renta Básica de las Iguales, y las acciones políticas diarias y personales.
Y me rumié de nuevo un correo explicativo que venía a cuento de un cuestionamiento a esto, pero esta vez cariñoso y con verdaderas ganas de profundizar. Así da gusto.
La Renta Básica de las Iguales, no es una propuesta cualquiera. Tiene años de trabajo intenso detrás, por parte de colectivos que estudian las herramientas anticapitalistas porque viven realidades que intentan cambiar la exclusión social, pura y dura. Y eso, marca mucho.
Yo no puedo decir que por haber asistido a un par de charlas, sepa mucho del asunto, pero sí su eje central.

Así las cosas, haciéndome defensora de sus líneas básicas, una persona amiga me envió esta reflexión, "Tudo contra a Renda Básica", como bien dijo, "pra chinchar", jajaja.

Son argumentos duros en contra, bien merecen una lectura detallada, y enseguida la respuesta de los colectivos no se hizo esperar, también merecedora de una larga reflexión (tono burlón sobrante, aparte).

Metida de lleno en entender las posiciones tan antagónicas, y reconociendo que si se pierden en debates económicos y fórmulas del PIB, etc, me pierdo totalmente, fuí requerida a contestar yo misma, en el plano personal, y así me terminé expresando al respecto,

"Ay, S, eu non te sei nada de PIB,  de economía sostible, de IRPF, nin de como económicamente se pode, ou non se pode, se debe ou non se debe implantar este instrumento. O conceito da Renda Básica aínda estou a rumialo (mais como son unha tola de cañete, xa me meto así, de testa e sin rede). A miña bagaxe é unha charliña mui intensa con Mari Fidalgo, de Baladre, unha viaxe a Vigo para unha nova charliña con Manolo Sáez, de Baladre e as compañeiras de Coia e a tolemia de pillar o centro territorial da Coruña para a ILP... casi ná.

O que se manexa por alí, e que a Renda Básica das Iguais nace doutro xeito de entender a Renda Básica, si queres, como ferramenta, no como fín en sí. A proposta de Baladre para Galiza, está nun libriño que estou a ler, e que dín os que saben (economistas, estudosos, etc) que os cálculos para nós estarían nunha renda básica ao redor de 800€ (de novo con formuliñas do PIB, blablabla, parte da charla dónde desconectas porque non o pillas...). Eles teñen articuladas varias fases para esa implantación da renda básica, nun primeiro momento para colectivos de emerxencia social, nun segundo momento para colectivos que non estén cobrando nada (amas de casa, etc), e xa finalmente para toda a poboación.

O seu eixe, para defender que é unha proposta que racharía có capitalismo, está en que parte de esa Renda básica (ao principio un 10%, disque) iría a un fondo comunitario, a xente (disque) empezaría a ter que organizarse en barrios, en aldeas, en lugares do común para xestionar eses fondos que irían destinados á semente da autoxestión. Co tempo o ideal é que ese tanto por cento asinado para o ben común fose sendo cada vez maior. ¿utopia, realidade, pallamental? non o sei, pero soar, soa ben...

E xa que estamos, ¿porqué entrou a Renda Básica das iguais nas miñas venas?, buf... de dentro afora, porque persoalmente me permitiría levar a vida que quero levar sin depender das arbitrariedades dun señor, pai das miñas cativas, que se cree que porque deixei o emprego para á crianza, pode facer o que lle pete con nós (incluso obrigar a escolarizar, si dedicimos separarnos), porque á rapaza que vive enfrente, non tería que ver como fiscalía de menores lle leva á sua nena de 3 anos e llela entrega a unha sogra que pon todo da súa parte para que a nena esqueza á súa nai... porque a miña amiga non teña que pasar pola humillación das enquisas persoais da traballadora social de turno, que para que lle faga o informe para pedir a risga (divorciada, sen emprego e catro fillas), lle pregunta por puro cotilleo ata con quén se acosta... porque outra das miñas amigas tivo que facer o seu modo de vida dependendo económicamente por falta de recursos, dos seus pais maltratadores que casi a levan ao suicidio, e tantas e tantas pequenas historias cotiás, meu querido S., que ti xa sabes tan ben, que da medo! 

E unha pensa, e sinte que sería tan sinxelo que ninguén tivera que pasar por esas situacións... só con que se redistribuíse nonseiqué, só con que se aplicase non sei qué fórmula, só con que houbese vontade de verdade humana...

E ahí andamos, compañeiro, por intentalo, que non quede, e si non o vemos nós, polo menos que o vexan ás crianzas e lles deixemos un mundo de intentos!!".

También dejo aquí, terminando este hilo del hilo, una conversación preciosa, con alguien del colectivo Baladre, al que le dió por preguntar...jajaja.




No hay comentarios:

Publicar un comentario